ÁrbitrosCampionatos de EspañaClubsDeporteEscolarFederacionFegaloitajúniorLoita FemininoLoita GrecorromanaLoita Libre OlímpicaXunior

PONTEVEDRA ACOLLE OS CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE LOITAS OLÍMPICAS

A cidade do Lérez, acolle os Campionatos de España de Loitas Olímpicas nas categorías júnior e escolar durante os días 1 e 2 de Abril de 2016, no pavillón municipal dos deportes.

Este ano celébranse en Pontevedra as edicións:

  • 28º Cto. de España júnior de Loita Libre Olímpica.
  • 28º Cto. de España júnior de Loita Grecorromana.
  • 14º Cto. de España júnior de Loita Libre feminina.
  • 25º Cto. de España escolar de Loita Libre Olímpica.
  • 25º Cto. de España escolar de Loita Grecorromana.
  • 14º Cto. de España escolar de Loita Libre feminina.

Non son moitos os Campionatos de España organizados en Galicia, sendo o último campionato organizado no ano 2007 na cidade de Santiago de Compostela. Dende aquela ata o día de hoxe, non tivemos a oportunidade de contar con un evento de estas características na nosa Comunidade.A competición desenrolarase en 4 tapices oficiais de Loitas Olímpicas, de 12 x 12 mts, tendo a xornada de mañá reservada para a Loita Feminina e a Loita Grecorromana, e a xornada de tarde será exclusivamente para a competición de Loita Libre Olímpica.Galicia acode a esta competición con 50 deportistas inscritos, 4 seleccionadores, 3 delegados e 7 árbitros, sendo a comunidade con mais representación.Por outra banda agradecer o esforzo do Club de Loita Pontevedra, referencia na cidade, e que ten a varias deportistas con moitas opcións de coroarse campioas de España, non en vano é o primeiro Club Galego e ser campión de España por clubs en loita feminina na categoría escolar (deporte base).

Os técnicos Galegos encargados de dirixir as diferentes seleccións Galegas son Alexandre Kachelaev, Alfredo Marcuño Martínez, Rubén Méndez Lois e Eladio Bello Columna. Todos eles amósanse entusiasmados coa idea de loitar en casa. “ser o equipo local en esta competición pode dar un pulo os nosos deportistas”, afirma Pablo Pintos (Dirección Técnica).

Escoller a cidade de Pontevedra para celebrar o evento, é unha garantía de éxito, tanto pola solvencia amosada polo Concello na organización de grandes eventos deportivos, como polos servizos que oferta a cidade. Unha parte importante de que volva a Galicia este evento recae na concelleira de deportes de Pontevedra, Anxos Riveiro, e nos técnicos e responsables do IMD de Pontevedra, pola sensibilidade deportiva amosada a hora de colaborar e volcarse nesta competición de ámbito nacional.

As 17 Comunidades Autónomas estarán presentes nesta competición, que se desenrola integramente o sábado 2 de Abril, no pavillón municipal de Pontevedra, e a que acudirán preto de 500 deportistas. Os deportistas que acaden ser campións de España, terán a oportunidade de participar nos campionatos de Europa júnior, no mes de Xuño en Bucarest (Romanía).

A historia do noso deporte, fai que a selección Galega de Loitas Olímpicas, aspire a estar no podio nacional nas 6 competicións que se van a celebrar. Galicia é un referente nacional nas Loitas Olímpicas.

 

Pankration_panathenaic_amphora
Anterior

CONCENTRACIÓN PREVIA OS CAMPIONATOS DE ESPAÑA

escultu
Seguinte

CONVOCATORIA CAMPIONATOS DE ESPAÑA JÚNIOR e ESCOLAR

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>