Sin categoría

O FUTURO DO DEPORTE BRILLOU NA XORNADA FINAL DA LIGA DE DEPORTE BASE.

Un total de 120 deportistas, representaron os clubs Galegos clasificados para a Xornada Final da Liga de Deporte Base de Loitas Olímpicas, que tivo lugar este pasado sábado 17 de Xuñio de 10:30 ata as 12:30 horas, no pavillón municipal de Vila de Cruces (Pontevedra).

A competición por equipos mais importante do calendario Galego para os mais pequenos, tivo este pasado sábado 17 de Xuño o seu día grande, grazas a organización levada a cabo por parte do Concello da Vila de Cruces, Secretaría Xeral para o Deporte, Club de Loita Keltoi de Vila de Cruces e a Federación Galega de Loita e D.A.

O futuro do noso deporte, deuse cita nesta competición por equipos no que prima a inclusión de novos participantes entre os Clubs. Esta cita lúdico-deportiva ten como fundamento o compoñente lúdico e formativo, de este xeito todos os pequenos e as pequenas queren volver a participar ano tras ano.

As categorías de idade postas en liza foron: prebenxamín, benxamín e alevín, tanto en categoría masculina como en categoría feminina.

Esta liga é pioneira a nivel nacional, por que leva 11 anos celebrándose de xeito ininterrompido, cambia o seu formato, pero continua formando novos valores dentro do deporte.

Todos os Clubs traballan arreo para ter deportistas de base, o que garante o seu futuro como entidade. As principais dificultades que atopan os Clubs son os espazos para adestrar a diario. A implicación de moitas ANPAS, facilita a labor de manter esta estrutura deportiva. A competición ten un formato moi atractivo para os mais pequenos, xa que resulta dinámica e divertida.

Clasificación final por equipos tras a competición de este pasado sábado da Liga de Deporte Base de Loitas Olímpicas, foi:

1º- Club Keltoi de Vila de Cruces:          133pts

2º- Escola Ayude de Melide:                    94 pts

3º- Club de Loita Lugo:                             60 pts

4º- Club de Loita San Ignacio de Vigo:  57 pts.

5º- Club Ciudad de Vigo:                           57 pts

6º- Club El Castro de Vigo:                       71 pts

7º- Club de Loita Atila de Ourense.         55 pts.

8º- Club Kuzushi de Vigo:                          36 pts

9º- Club de Loita Sabarís.                            —

10º- Club de Loitas Olímpicas de Vilalba-Rábade.    —

11º- Club Stellae de Santiago de Compostela.             —

12º- Club de Loita A Cambadela de A Estrada.          —

13º- Club de Loita do Morrazo.                                    —

14º- Club de Loita Pontevedra.                                     –

Lydia Pérez de vermello
Anterior

LYDIA PÉREZ CONCENTRADA 2 SEMANAS CO EQUIPO NACIONAL RUSO FEMININO

IMG_3567
Seguinte

DÍA DO DEPORTE NA RÚA DE A CORUÑA

Fegaloita

Fegaloita

1 comentario

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>