ÁrbitrosClubsDeporteDeporte BaseEscolarFederacionFegaloitaFormaciónLoita Grapplin

O CLUB DE LOITA DO MORRAZO CAMPIÓN DA PRIMEIRA COPA DE ESPAÑA DE GRAPPLING DAS CATEGORÍAS BASE

Este pasado sábado 21 de Maio, preto de un centenar de deportistas participaron en xornada de mañá na 1ª COPA DE ESPAÑA DE GRAPPLING DE CATEGORÍAS BASE, no pavillón Pablo Herbello de Bueu (Pontevedra).

A competición estivo organizada polo Clube de Loita do Morrazo e pola propia Federación Galega de Loita e D.A. contando coa colaboración da Federación Española de Luchas Olímpicas, co obxectivo de dinamizar o deporte de base e crear unha COPA de España que non existía ata esta iniciativa pioneira a nivel nacional.
A competición desenrolouse en xornada de mañá de 10:30 ata as 13:30 horas. O regulamento estivo adaptado para os mais pequenos das categorías: PREBENXAMÍN, BENXAMÍN e ALEVÍN. Todos os deportistas de 6 a 12 anos tiveron a oportunidade de amosar o seu nivel deportivo.
A competición desenrolouse baixo a dirección do Colexio Galego de Árbitros e Xuíces, contando na competición co presidente do colexio de árbitros, Don Ángel Amor Villar.
A competición tivo formato por equipos, polo que foi dinámica e divertida para os mais pequenos. Neste sentido, brillou o Club de Loita do Morrazo que se proclamou campión da 1ª COPA de España de Grappling nas categorías base.
Este foi o primeiro paso dado na competición de base na historia de esta modalidade deportiva en España.

10013654_753646064667719_8873225215544741241_n
Anterior

CLAUSURA DAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS DA TERRA CHÁ

Ramón García, Diego Pallares e Rubén Méndez
Seguinte

250 DEPORTISTAS INSCRITOS PARA A XORNADA FINAL DA LIGA DE DEPORTE BASE.

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>