ClubsDeporteDeporte BaseEscolarFederacionFegaloitaFormación

O CLUB ATILA DE OURENSE VENCE NA XORNADA NORTE

O Club Atila de Ourense, foi o vencedor da Xornada Norte da liga de deporte de base de Loitas Olímpicas celebrada no pavillón municipal da Casa do Deporte (FRIGSA), para preto de 150 nenos e nenas de 6 a 12 anos.

Os 7 mellores Clubs clasificados para esta xornada, viviron unha auténtica festa para os mais pequenos. Deportistas de entre 6 e 12 anos, participaron nesta xornada lúdico-deportiva.
A clasificación final, tras as 7 roldas de enfrontamentos entre os diferentes equipos foi:
1º- Club Atila de Ourense: 112 pts.
2º- Escuela Ayude de Melide: 106 pts.
3º- Club Keltoi de Vila de Cruces: 91 pts.
4º- Club de Loitas Olímpicas de Vilalba: 59 pts.
5º- Club Loita Lugo: 38 pts.
6º- Club Loita Hispano Team de Lugo: 34 pts.
7º- Club Loita Stellae de Santiago de Compostela: 30 pts.
O director técnico da Federación Pablo Pintos afirma que “en cada xornada de Liga, aparecen novos valores deportivos. Coa competición adaptada para os mais pequenos, os novos talentos do deporte teñen un escaparate inigualable para amosar o seu potencial”.
O seguinte obxectivo para estes Clubs, será a Xornada Final da Liga, na que se enfrontarán os mellores Clubs da zona sur de Galicia.
Esta competición puido levarse a cabo grazas a colaboración da Concellería de Deportes de Lugo, da Exc. Deputación de Lugo e Secretaría Xeral para o Deporte.

carteles xornada norte
Anterior

XORNADA NORTE DA LIGA DE DEPORTE DE BASE DE LOITAS OLÍMPICAS

desta
Seguinte

AXUDAS GALICIA-RIO 2016, DA FUNDACIÓN DEPORTE GALEGO

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>