FegaloitaFormaciónLoita Tradicional

O CLUB A CAMBADELA CONTINUA COAS ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN

Dende a súa localidade de orixe, o Club A Cambadela de A Estrada, trata de manter viva e espallar parte da nosa historia, recuperando a Loita Tradicional Galega, a través do estudo da nosa historia.

A Loita Tradicional ten varios nomes propios na súa recuperación en Galicia, pero os impulsores de este novo pulo son: Severino Gómez, Jorge Mato e Moises Iglesias,
As actividades para este novo curso académico serán o día 24 de Setembro o Club A Cambadela fará unha demostración e taller participativo para os mais novos na praza da Chousa do Concello de Combarro (Pontevedra) desde as 16:30 ata as 18:00 horas, en colaboración directa coa asociación Deportiva e Cultural Armadiña de Combarro.
O dia 1 de outubro estarán presentes no barrio de Sampedro en Santiago de Compostela con motivo do dia do barrio en forma, no que achegarán de novo ata as rúas parte da nosa cultura deportiva.
Dende o Club A Cambadela de A Estrada queren animar a todo o mundo a que proben unha modalidade moi arraigada na nosa cultura, lúdica, formativa e amena.

copa-deputacion-ourense-sexta
Anterior

6ª COPA DEPUTACIÓN DE OURENSE DE LOITAS OLÍMPICAS

news
Seguinte

O CLUB A CAMBADELA PROMOCIONA A LOITA TRADICIONAL EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>