Sin categoría

NEREA PAMPÍN e LYDIA PÉREZ CONVOCADAS POLA SELECCIÓN NACIONAL ABSOLUTA

As deportistas Lydia Pérez do Club de Loita Pontevedra (-62kg) e Nerea Pampín Blanco do Club Keltoi de Vila de Cruces (-68kg), foron convocadas coa selección nacional absoluta, para participar na concentración internacional, que terá lugar no Centro de Alto Rendemento de Madrid, do 29 de Maio o 3 de Xuño.

Esta concentración servirá como selección para confeccionar o equipo que representará a España nos XOGOS DO MEDITERRÁNEO, que terán lugar a finais de Xuño en Orán (Arxelia).

Esta concentración é moi reducida, xa que só participan as mellores deportistas nacionais, en busca de unha praza para os Xogos do Mediterráneo. Ambas loitadoras, que adestran no CGTD de Pontevedra, están confiadas nas súas posibilidades de cara a cita Mediterránea.

Agardemos que teñan a mellor das sortes!

XORNADA FINAL DA LIGA
Anterior

XORNADA FINAL DA LIGA DE DEPORTE BASE

liga-iberdrola-2
Seguinte

6 REPRESENTANTES GALLEGAS EN LA LIGA IBERDROLA

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>