Sin categoría

MATRICULAS DEPOESCOLAS CURSO 2022/23. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Como cada ano, continuamos a formar parte das actividades da Deputación de Pontevedra a través das DEPOESCOLAS.

Para matricularse nas DEPOESCOLAS na modalidade de LOITAS OLÍMPICAS, os pais/nais/titores legais, deben completar o formulario que se indica a continuación, para solicitar praza nos Clubs/instalacións, onde se ofertan as actividades.

As actividades das DEPOESCOLAS garanten 1 hora de clase gratuíta semanal para todos/as os/as deportistas que queiran iniciarse neste deporte, así como o seguro de accidentes deportivo obrigatorio (Lei 3/2012 do Deporte de Galicia).

Esta actividade está dirixida a rapazas e rapaces dende os 6 ata os 16 anos. En caso de menores de 6 anos, debedes consultar directamente cos Clubs, a posibilidade de que podan participar dentro das actividades deportivas.

Para matricularse premer no seguinte enlace:

https://forms.gle/BaD4jUoLv1RfpjoW7

LYDIA PÉREZ MEDALLA DE BRONCE
Anterior

LYDIA PÉREZ BRONCE EN EL GRAN PREMIO DE ESPAÑA DE LUCHAS OLÍMPICAS

Seguinte

Os censos definitivos electorais

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>