ÁrbitrosCampionato de EuropaClubsDeporteFederacionFegaloitaLoita FemininoLoita GrecorromanaLoita Libre OlímpicaTorneos

MARCOS ARAUJO, ARBITROU NO GRAN PREMIO DE ESPAÑA

O árbitro Marcos Araujo Pereira (Vigo, 1974) pertencente o Club San Ignacio de Vigo, foi convocado este pasado fin de semana, 9 e 10 de Xullo, para participar como árbitro internacional no Torneo Gran Premio de España de Loitas Olímpicas, no que participaron 55 países e houbo 700 inscritos.

O Gran Premio de España estase convertendo ano a ano en un referente internacional, medrando tanto en número de participantes como no seu nivel. Marcos Araujo, brillou na súa participación neste torneo, dirixindo encontros de alto nivel e moi difíciles de arbitrar. Estivo acertado en todas as decisións difíciles, e contundente ante as protestas dos adestradores.

O seu traballo durante estos últimos anos, e o seu bo nivel internacional, serviu como argumento para a súa vindeira competición: Formará parte dos colexiados internacionais que dirixirán o CAMPIONATO DE EUROPA CADETE en Estocolmo (Suecia), do 17 ó 22 de Xullo.

Agardamos que teña a mellor das sortes!

news
Anterior

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AS BECAS PARA O CGTD DE PONTEVEDRA

lucha
Seguinte

POUCA SORTE PARA OS GALEGOS NO GRAN PREMIO DE ESPAÑA DE LOITAS OLÍMPICAS

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>