ClubsFederacionFegaloitajúniorLoita FemininoXunior

LYDIA PÉREZ CONCENTRADA 2 SEMANAS CO EQUIPO NACIONAL RUSO FEMININO

A deportista Pontevedresa LYDIA PÉREZ TOURIÑO (Club de Loita Pontevedra), viaxará do 13 ó 25 de Xuño a base deportiva de OZERO KRUGLOE, na rexión de Moscú, para participar coa selección nacional feminina júnior de Rusia de Loitas Olímpicas, na concentración previa o campionato de Euorpa júnior.

Lydia Pérez, viaxará acompañada do seleccionador Galego e técnico do CGTD de Pontevedra Don Alexander Kachelaev, quen supervisará os adestramentos na base deportiva Rusa. Esta concentración pode levarse a cabo, grazas a colaboración directa do Concello de Pontevedra, quen sufraga os gastos da mesma, grazas a colaboración directa co Club de Loita Pontevedra, dirixido polo técnico Marcos Miragaya.

Tras esta dura concentración coa elite do deporte Ruso e mundial, a deportista do Lérez viaxará a Dormund (Alemaña), para participar no campionato de Europa júnior que terá lugar do 27 de Xuño ó 2 de Xullo.

Agardamos que teñan a mellor das sortes!

Selección Gallega desplazada al Torneo RGCC
Anterior

GALICIA 3ª CLASIFICADA NO TORNEO NACIONAL RGCC DE GIJÓN

IMG_3477
Seguinte

O FUTURO DO DEPORTE BRILLOU NA XORNADA FINAL DA LIGA DE DEPORTE BASE.

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>