CGTDConcentraciónFederacionFegaloitajúniorLoita Feminino

GALICIA INVITADA A COPA DO MUNDO DE LOITA FEMININA EN RUSIA

4 deportistas Galegas, foron invitadas a Copa do Mundo de Loita Feminina, que terá lugar do 1 ó 3 de Decembro en Chebuskary (Rusia), o norte de Moscú, pero permanecerán concetradas do 25 de Novembro o 6 de Decembro coa selección nacional Rusa. As nosas deportistas estarán acompañadas polo técnico Alexander Kachelaev e polo presidente da FGLeDA, Don Jose Luis Olazabal Ibars.

As deportistas Galegas, que finalmente se desprazarán son Lydia Pérez (Club de Loita Pontevedra), Nerea Pampín e Judit Varela (ambas do Club Keltoi de Vila de Cruces). Lamentablemente por un problema de saúde, a deportista Noelia Lalín (Club Keltoi de Vila de Cruces) NON poderá asistir a esta cita. Pola súa banda Noelia Lalín apura as súas opcións para viaxar o torneo internacional Henry Deglanee de Niza, xa que só supón 3 días de viaxe, algo asumible para o seu estado de saúde. Xa que os médicos desaconsellaron que viaxase mais de 3 días pola infección nunha operación bucal.

Lydia Pérez, viaxará a Rusia en canto aterrice do Mundial SUB 23 que se está disputando en Polonia. Pola sua contra, Nerea Pampçin e Judit Varela, viaxarán directamente dende Galicia, onde adestran. O obxectivo das tres deportistas é preparar a nova tempada, sen perder de vista o campionato de Europa 2019, que se organizará na cidade Galega de Pontevedra.

 

 

selección Galega
Anterior

GALICIA ACUDE O TORNEO INTERNACIONAL GRAN SLAM DE BRAGA DE LOITAS OLÍMPICAS

jose_cuba
Seguinte

3 GALEGOS NO TORNEO INTERNACIONAL HENRY DEGLANEE DE NIZA

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>