Campionatos de España

GALICIA CAMPIOA DE ESPAÑA POR AUTONOMÍAS

A selección Galega de Loita ven de proclamarse campioa de España por Autonomías, no campionato celebrado no pavillón exterior do CSD no CAR de Madrid o sábado 10 de Novembro.

Galicia venceu en primeira rolda de grupo a gran selección de Murcia, e despois a selección de Madrd 2, para clasificarse primeira de grupo. O cruce para chegar a final foi contra a selección Valenciana. E tras vencer todos os enfrontamentos, disputamos a final contra a selección de Madrid 1, a que vencemos por un parcial de 7-2.

Esta competición por equipos, disputada sobre 9 pesos (3 pesos en Libre Olímpica, 3 en Feminina e 3 en Grecorromana), supuxo que se agruparan varios campións e medallistas nacionais en cada categoría.

O alto nivel da competición, así como o atractivo formato por equipos, fixo de este evento un dos mellores campionatos disputados ata o de agora.

Felicitar os deportistas e os seus clubs polo excelente traballo na súa formación, o que serviu para acadar este fito.

Loita Feminina: 53 kg: Cristina Alves do Club Ciudad de Vigo, 62 kg: Lydia Pérez do Club de Loita Pontevedra e en 76 kg: Nerea Pampín do Club de Loita Keltoi de Vila de Cruces.

Loita Libre Olímpica: 65 kg: Rafael Álvarez do Club San Ignacio de Vigo e Jesús Gonsalves do Club Keltoi de Vila de Cruces, en 86 kg: Damián Iglesias do Club de Loita Touro.

Loita Grecorromana: en 87 kg: Martín Vázquez do Club de Loita Rábade e en 130 kg: Nicolás López do Club de Loita Lugo.

Como técnicos asistiron: Alexander Kachelaev, Marcos Miragaya, Rubén Méndez e Pablo Pintos.

Como árbitro, o noso colexiado internacional Marcos Araujo Pereira.

Noraboa a todos e todas!

Anterior

RESUMEN DO CTO. DE ESPAÑA POR AUTONOMÍAS

Lydia Pérez de Azul
Seguinte

LYDIA PÉREZ CONVOCADA PARA O CTO. DO MUNDO SUB-23

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>