ClubsFederacionFegaloitajúniorLoita FemininoLoita GrecorromanaLoita Libre OlímpicaLoita Sambo

GALICIA BRILLA NO NACIONAL JÚNIOR DE LOITAS OLÍMPICAS.

As seleccións Galegas de Loitas Olímpicas, subiron o podio nacional júnior por autonomías, no campionato celebrado en Gijón o sábado 10 de Marzo. Un total de 7 medallas de ouro, 1 prata e 4 bronces, foron o botín final, na cita nacional.

– A selección Galega de Loitas Olímpicas feminina, acadou o bronce nacional por seleccións.

– A selección Galega de Libre masculina, proclamouse campioa de España júnior por autonomías.

– A selección Galega de Loita Grecorromana, escalou ata o 4º posto nacional, pero quedouse fora do podio.

– A selección de Loita Sambo, acadou o posto 8º na clasificación final en categoría sénior.

“Uns moi bos resultados”, é a frase mais repetida entre a expedición Galega. O bo traballo dos Clubs Galegos, en loita libre masculina, con cinco campións nos 10 pesos oficiais, foron o mellor do fin de semana.

Os nomes propios da Loita Libre Olímpica foron: Carlos Yobani García en 65 kg, do Club de Loita Vilalba, Rafaél Álvarez en 70 kg, do Club San Ignacio de Vigo, Omar Rodríguez Martínez en 74 kg, do Club de Loita Sabarís, Daniel Espinosa en 97kg, do Club Ciudad de Vigo, e Aarón Ayude en 125 kg, da Escola Ayude de Melide.

En Loita Grecorromana: Diego Iglesias Cuevas en 130kg, do Club de Lucha El Castro de Vigo, foron os grandes referentes do fin de semana.

En Loita Feminina: o nome propio foi Nerea Pampín Blanco en 62 kg, do Club Keltoi de Vila de Cruces.

As diferentes seleccións Galegas júnior, serán a base do equipo que represente a Galicia no campionato de España SUB23, que terá lugar en Madrid a comezos de Abril.

TODOS OS RESULTADOS AQUÍ

 

cartel
Anterior

22 DEPORTISTAS REPRESENTARÁN A GALICIA NOS CTOS. DE ESPAÑA EN GIJÓN

cartel liga grappling
Seguinte

LIGA DE GRAPPLING: DEPORTE BASE

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>