FederacionFegaloitaLoita GrecorromanaLoita Libre Olímpica

GALICIA ACUDE O TORNEO NACIONAL REAL GRUPO CULTURAL COVADONGA

Un combinado de deportistas Galegos, acuden do 9 ó 10 de Xuño, o torneo nacional Real Grupo Cultural Covadonga de Gijón de Loitas Olímpicas.

O combinado Galego estará composto por campións e medallistas nacionais, para tratar de revalidar os títulos acadados durante os últimos anos, no que Galicia sempre se aupuo o mais alto do podio, dominando esta competición por equipos.

Os representantes convocados son: Carlos Yobanni García e Yago López, ambos do Club de Loitas Olímpicas de Vilalba, Rafael Álvarez do Club San Ignacio de Vigo, Santiago Sánchez do Club Keltoi de Vila de Cruces e Arón Ayude da escola Ayude de Melide. Todos eles estarán dirixidos polo técnico Galego Rubén Méndez Lois.

O formato de este campionato é moi interesante para os nosos deportistas e técnicos, xa que antes da competición teñen dúas sesións de adestramento en conxunto con todos os deportistas dos equipos participantes. As sesións son o venres pola tarde e o sábado pola mañá. A competición será integramente o sábado pola tarde.

Agardamos que teñan a mellor das sortes!

2017-06-03 traviesas clausura escuelas 043
Anterior

CLAUSURA DAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS DE LOITAS OLÍMPICAS EN VIGO

velada
Seguinte

VELADA DE MMA NO BARCO DE VALDEORRAS

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>