ClubsDeporteFederacionFegaloita

GALICIA 3ª CLASIFICADA NO TORNEO NACIONAL RGCC DE GIJÓN

Galicia ven de acadar o 3º posto por equipos no Torneo Nacional Real Grupo Cultural Covadonga de Loitas Olímpicas, celebrado este pasado sábado nas instalacións que o RGCC ten en Gijón.

A selección Galega estaba composta por deportistas moi novos, das categorías cadete e júnior, contando con un só deportista SUB23. Os deportistas finalmente desprazados  foron: Carlos Yobanni García (Club de Loitas Olímpicas de Vilalba), Rafael Álvarez (Club San Ignacio de Vigo), Santiago Sánchez (Club Keltoi de Vila de Cruces), Arón Ayude (Escuela Ayude de Melide), Nicolás López (Club Loita Lugo) e o técnico Rubén Méndez (Club Keltoi).

Todos os deportistas desprazados, a pesar da súa xuventude, participaron nesta competición da categoría absoluta, para ter mais competicións antes das súas vindeiras citas internacionais. Todos os deportistas desprazados, incluíndo o técnico, están formándose ou xa se formaron no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, o que amosa a boa estrutura do sistema de tecnificación Galego, que vincula os seus deportistas mais aló da súa etapa no CGTD.

Felicitar a todos os deportistas polo podio obtido, conformado por Asturias (RGCC) en primeiro lugar, a selección de Madrid en segundo lugar e Galicia que remato en terceira posición.

xornada final liga 2017
Anterior

XORNADA FINAL DA LIGA DE DEPORTE BASE DE LOITAS OLÍMPICAS EN VILA DE CRUCES

Lydia Pérez de vermello
Seguinte

LYDIA PÉREZ CONCENTRADA 2 SEMANAS CO EQUIPO NACIONAL RUSO FEMININO

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>