DeporteDeporte BaseEducación FíscaEscolar

FORMANDO OS FORMADORES. CURSO PARA O PROFESORADO

Outro ano mais, a Federación Galega de Loita e D.A. volve a participar nos cursos de formación o profesorado de primaria, como unha parte do novo plantexamento de DEPORTE ESCOLAR, vertebrado entre o Servizo de Deportes de Pontevedra da Secretaría Xeral para o Deporte, o Centro de Formación e Recursos do Profesorado e a propia Federación.

En total, 13 mestres de primaria, que representan a 13 centros educativos, participaron nesta iniciativa, na que se forman nas actividades de Loitas Olímpicas, para implementalas no centro educativo. Estas actividades se levaron a cabo no mes de Outubro na cidade de Vigo e terán a súa continuidade no mes de Novembro na cidade de Pontevedra. Unha vez rematado este periodo, os docentes levarán a cabo unha unidade didáctica de Loitas Olímpicas no seu centro educativo, para xa no mes de Xaneiro de 2018, facer unha xornada de convicencia LÚDICO-COMPETITIVA entre os centros educativos.

Esta actividade formativa, ten como base 3 modalidades deportivas: Xogos Tradicionais, Atletismo e Loitas Olímpicas.

Durante o pasado curso escolar, un total de 1100 nenos e nenas participaron nas xornadas de convivencia entre centros educativos, a través unha competición adaptada para eles: XOGALOITA.

Agardemos continuar con esta boa iniciativa de promoción deportiva.

IMG_4026
Anterior

BRONCE DE ADRIAN IMEDIO NA COPA DE EUROPA DE SAMBO

CONCENTRACIÓN INTERNACIONAL ESCOLAR NOVIEMBRE
Seguinte

CONCENTRACIÓN NACIONAL ESCOLAR EN EL CGTD DE PONTEVEDRA

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>