CadetesClubsConcentraciónDeporteFederacionFegaloitaLoita FemininoLoita GrecorromanaLoita Libre Olímpica

FINALIZA A CONCENTRACIÓN INTERNACIONAL DE LOITAS OLÍMPICAS EN MURCIA

Os 9 deportistas Galegos convocados pola Federación Española de Loitas Olímpicas para a concentración internacional no CTD Infanta Cristina de San Javier (Murcia), regresan a casa tras 5 días de concentración internacional, dende o 1 ata o 6 de Maio.

Os 9 deportistas Galegos finalizan hoxe a súa concentración internacional, co obxectivo de clasificarse para os campionatos do mundo e de Europa das categorías cadete e júnior.

O técnico Galego que acompaña e dirixe os deportistas en esta importante concentración, Alexandre Kachelaev, móstrase optimista de cara as próximas convocatorias do equipo nacional cadete e júnior, xa que “o traballo dos deportistas Galegos durante a concentración foi sobresaínte”.

Cabe destacar os deportistas Galegos convocados:

Loita Libre Feminina: Cristina Alves (Club Ciudad de Vigo), Carmen Salgado (Club de Loita Pontevedra), Nerea Pampín e Judit Varela (Ambas do Club Keltoi de Vila de Cruces).

Loita Libre Olímpica: Roberto Díaz, Carlos Yobanni e Yago López (todos do Club de Loitas Olímpicas de Vilalba), Jesús Gonsalves (Club de Loita Keltoi de Vila de Cruces) e Rafael Álvarez (Club San Ignacio de Vigo).

Agora todos os deportistas quedarán pendentes das vindeiras convocatorias nacionais, sendo o próximo obxectivo disputar o Cto. De Europa júnior, do 21 ó 26 de Xuño en Bucarest (Romanía).

web02
Anterior

NICOLÁS CASTRO NO STAFF DA SELECCIÓN NACIONAL NO ÚLTIMO CLASIFICATORIO PARA RIO 2016

Foto clasificación Río 2016
Seguinte

NICOLÁS CASTRO VOLVE DE TURQUÍA COA CLASIFICACIÓN PARA RIO 2016

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>