ClubsDeporteDeporte BaseEscolarFederacionFegaloitaLoita Libre Olímpica

ÉXITO DE PARTICIPACIÓN NA XORNADA SUR DA LIGA DE DEPORTE DE BASE DE LOITAS OLÍMPICAS

O pavillón municipal de Candeán, en Vigo, acolleu este pasado sábado 23 de Abril, a Xornada Sur da Liga de Deporte de Base de Loitas Olímpicas, onde preto de 150 deportistas de 6 a 12 anos amosaron o seu talento.

A Competición, con carácter lúdico-deportivo, congregou os mellores Clubs da zona sur de Galicia. Esta competición por equipos é a mais importantes das que se celebran dentro do calendario competitivo.
A clasificación final por Clubs quedou do seguinte xeito:
1º- Club Ciudad de Vigo.
2º- Club El Castro de Vigo.
3º- Club San Ignacio de Vigo
4º- Club de Loita do Morrazo.
5º- Club Kuzushi de Vigo.
6º- Club A Cambadela de A Estrada.
Os tres primeiros equipos clasificados, teñen asegurada a súa presenza na xornada final, na loita polo podium. Estes clubs enfrontaranse os tres mellores clasificados na xornada norte.
Esta é unha competición adaptada para os mais pequenos, tentando que gocen do deporte e en especial das Loitas Olímpicas.
A idea fundamental da competición adaptada para os mais pequenos, é que podan competir nun entorno adaptado para eles, de este xeito pode nacer o talento en moitos dos nosos deportistas.
Esta competición promovida pola Secretaría Xeral para o Deporte, xa é un referente no calendario de competicións Galego. Cada ano, son mais os clubs que se unen a esta iniciativa.

Anterior

XORNADA SUR DA LIGA DE DEPORTE DE BASE DE LOITAS OLÍMPICAS

IMG_0519
Seguinte

PREMIO INTERNACIONAL DE INVESTIGACIÓN

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>