Sin categoría

EVENTO TECNOLOXÍA E DEPORTE

O xoves 21 de marzo desenvolverase en Santiago a xornada “Tecnoloxía e Deporte”, o primeiro evento que se organiza para falar de innovación no deporte en Galicia.

Nesta xornada, promovida pola Fundación Deporte Galego da Xunta -en colaboración con R e CINFO- falaremos, entre outras cousas, de:

• como os clubs lle poden tirar o máximo proveito á tecnoloxía
• como habilitar unha canle de tv cos contidos do club
• como usar as ferramentas dixitais para xerar novos ingresos
• beneficios aplicados á análise do xogo

Coñecerás os casos de éxito do R. C. Deportivo ou do Obradoiro CAB e, da man de especialistas, compartiremos ideas e experiencias sobre as novas tecnoloxías como fonte de beneficios e unha realidade que transformará decontado os clubs deportivos.

Nesta charla participará Pablo R. Pintos Figueroa, dentro da Mesa profesional: Tecnoloxías emerxentes aplicadas ao deporte, onde expertos e clubs debaten sobre as últimas tecnoloxías aplicadas ao deporte, ferramentas de xestión ou como xerar novos ingresos con solucións tecnolóxicas innovadoras, xunto a Santiago Rodríguez, Directivo (IoT Surf), Instituto Tecnológico de Galicia (ITG).

Do mesmo xeito, xuntamos a axenda da xornada que se desenvolverá no AC Palacio do Carme en horario de 9 a 13 horas.

Pregamos confirmes a túa asistencia no correo electrónico tecnoloxiadeporte@mundo-r.net indicando nome, apelidos e empresa ou entidade.

Agardamos contar coa vosa presenza.

DSC01542
Anterior

4 GALEGOS CONVOCADOS COA SELECCIÓN NACIONAL ABSOLUTA

Selección Galega CESA 2019
Seguinte

18 PRESEAS NOS CTOS. DE ESPAÑA ESCOLAR E CADETE DE LOITAS OLÍMPICAS

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>