Campionato do MundoFederacionFegaloitaLoita FemininoLoita Libre OlímpicaUniversitarios

ELISEO PERMUY DA UNIVERSIDADE DE VIGO NON PODE PARTICIPAR NO CAMPIONATO DO MUNDO UNIVERISITARIO.

Eliseo Permuy da UDV non pode participar no campionato do mundo Universitario de Loitas Olímpicas, que terá lugar na cidade de Corum (Turquía) do 24 ó 27 de Outubro, por mor dunha ARTRITE REACTIVA.

O actual campión de España Universitario na categoría de 70 kg, finalmente non terá a alta para participar no Campionato do Mundo Universitario de Loitas Olímpicas por mor dunha artrite reactiva.
Eliseo Permuy estaba convocado para representar a España na cita mundial universitaria. Este estudante da Universidade de Vigo, formaba parte do trío de representares da Universidade de Vigo que viaxan estes días ata Turquía. Lamentablemente non poderá acudir a esta cita tan importante, xa que se atopa de baixa por unha dolorosa enfermidade que afecta as súas articulacións, e da que se ten que recuperar pouco a pouco.
A UDV é a Universidade nacional que mais deportistas aporta a selección, con un total de 2 Loitadores dos 6 deportistas que compoñen o equipo que representará a España na cita mundialista: Noelia Lalín e Pablo García (Universidade de Vigo), Aintzane Gorria (Universidad Politécnica de Madrid), Alejandro Cañada (Universidad de Jaén), Adrián Fortún (Universidad Complutense de Madrid), Carlos Gilabert (UNED).
Os alumnos que viaxan o campionato do mundo, teñen unha dilatada carreira deportiva, e todos formaron parte dos distintos equipos nacionais de Loitas Olímpicas.

alfredo-marcuno
Anterior

HOMENAJE A ALFREDO MARCUÑO y JUÁN CARIDE EN VIGO

noelia-y-pablo-universidad-de-vigo
Seguinte

5º POSTO DE NOELIA LALÍN NO CAMPIONATO DO MUNDO UNIVERISITARIO.

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>