DeporteEducación FíscaEscolar

CURSOS DE FORMACIÓN PARA DOCENTES DE PRIMARIA

A nova proposta de modelo de Deporte Escolar, traballada entre o Servizo de Deportes de Pontevedra dependente da Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Loita, ten nos Centros de Formación e Recursos do Profesorado de Vigo e Pontevedra, unha pedra angular sustancial.

29 Docentes de primaria, traballan durante 8 horas de formación cos técnicos da Federación Galega de Loita, para implementar o proxecto XOGALOITA nos centros educativos os que pertencen. A xornada final de convivencia é unha competición lúdico-deportiva, que movilizará a preto de 1000 nen@s. Estas xornadas están estruturadas por zonas, na que os centros educativos, que están mais preto entre si, compiten entre eles.

Esta iniciativa ten como eixe fundamental de traballo, o profesorado de educación física dos centros, sen os cales, esta iniciativa carecería de sentido. Eles son os verdadeiros dinamizadores de estas xornadas:

1º- Acuden as xornadas de formación, para coñecer mais polo miudo as Loitas Olímpicas e o programa XOGALOITA.

2º- Implementan as sesións nos seus centros educativos, formando os mais pequenos.

3º- Acuden a unha xornada de convivencia na que se leva a cabo unha competición lúdico-deportiva, baseada en 6 xogos de oposición, na que os mais pequenos amosan a súa habilidade.

Por outra banda, agradecer aconfianza do CFR (Centro de Formación e Recursos) de Vigo e Pontevedra, depositada na Federación e nos seus técnicos para impulsar este deporte e empregalo como unha ferramenta mais de formación.

IMG_4160
Anterior

26 GALA DOS PREMIOS O DEPORTE DA UNIVERSIDADE DE VIGO

CLINIC AUTONÓMICO DE ARBITRAXE 2017
Seguinte

CLINIC ARBITRAJE LUCHAS OLÍMPICAS EN EL CGTD DE PONTEVEDRA

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>