Campionatos de EspañaLoita Libre Olímpica

CONVOCATORIA TORNEO INTERNACIONAL GRAN PREMIO DE ESPAÑA

A Federación Galega de Loita e D.A. acude o prestixioso torneo internacional GRAN PREMIO DE ESPAÑA de Loitas Olímpicas, con un total de 8 deportistas convocados polas diferentes seleccións nacionais.

Loita Libre Olímpica: Carlos Yobanni García (Club de Loitas Olímpicas de Vilalba) en 61kg, Pablo García García (Club de Loita Pontevedra) en 70 kg e Jose Cuba Vázquez (Club de Loitas Olímpicas de Vilalba) en 125 kg.

Loita Feminina: Lydia Pérez (Club de Loita Pontevedra) en 58 kg, Nerea Pampín en 60 kg, Judit Varela en 63 kg e Noelia Lalín en 69 kg (Todas do Club de Loita Keltoi de Vila de Cruces).

Loita Grecorromana: Nicolás López (Club de Loita Lugo) en 130 kg.

Galicia conta tamén coa representación de Marcos Araujo (Club San Ignacio de Vigo), como árbitro internacional, que completará durante esta competición o seu exame de ascenso a 2ª categoría internacional.

Os deportistas Galegos estarán acompañados dos técnicos Galegos: Marcos Miragaya Lama, Rubén Méndez Lois e Alexander Kachelaev. O técnico Pablo Pintos, viaxará convocado como seleccionador nacional SUB23 a esta competición.

Por último, a expedición Galega estará representada polo presidente da Federación autonómica, Jose Luis Olazabal Ibars, que acude a Madrid a reunión nacional de presidentes, convocada pola Federación Nacional, no marco de esta cita internacional.

Nesta importante competición, os nosos deportistas, teñen unha competición con 40 países inscritos, e mais de medio milleiro de deportistas, entre eles campións do mundo ou olímpicos.

Agardamos que teñan a mellor das sortes!

IMG_3644
Anterior

PONTEVEDRA SE EVALÚA EL 10 DE JULIO: CAMPEONATO DE EUROPA JUNIOR 2019 DE LUCHAS OLÍMPICAS

IMG_3652
Seguinte

2ª SEMANA DE CONCENTRACIÓN NOVOS TALENTOS CGTD DE PONTEVEDRA

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>