FederacionFegaloitaFormación

CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA A FORMACIÓN DOS TÉCNICOS EN PRÁCTICAS

A Federación Galega de Loita e D.A. asinou un convenio de colaboración co IES Sánchez Cantón, para a realización das prácticas dos novos titulados en TAFAD (Técnicos en Actividades Físicas y Animación Deportiva), na cidade de Pontevedra.

Co principal obxectivo de axudar na formación dos novos titulados, a Federación Galega de Loita e D.A. asinou un convenio de colaboración co IES Sánchez Cantón, para que os técnicos en TAFAD, podan realizar as prácticas de fin de ciclo no segundo ano, cos Clubs de Loitas Olímpicas da Federación Galega de Loitas Olímpicas e D.A.

A idea de xuntar a fase de prácticas coa orientación laboral, ten que ser o futuro do deporte, que precisa de novas ideas, e novos técnicos para reinventarse e continuar evolucionando.

A nosa oferta deportiva, ten que ser o mais atractiva posible, para que os estudantes queiran facer a fase práctica da súa formación na Federación Galega de Loitas Olímpicas, e de este xeito, continuar sumando activos o noso deporte.

O horizonte 2020 que marca a Comunidade Europea, pasa por crear ofertas de traballo sostibles no eido deportivo, algo que non se está a cumprir nestes últimos anos. A falta de oportunidades frustra os novos talentos de cara a súa inserción laboral.

Agardamos que con estas iniciativas, creemos un punto de inflexión na tendencia laboral no eido do deporte.

femenina
Anterior

MELLORES DEPORTISTAS DE VIGO E A SÚA COMARCA

Pankration_panathenaic_amphora
Seguinte

CONCENTRACIÓN PREVIA OS CAMPIONATOS DE ESPAÑA

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>