Sin categoría

CONCENTRACIÓN NACIONAL FEMININA NO CGTD DE PONTEVEDRA

A selección Nacional Feminina de Loitas Olímpicas da Federación Española, nas categorías sénior, U23 e U20, permaneceron concentradas do 6 ó 10 de Outubro no CGTD de Pontevedra.

Estas actividades de formación, teñen un gran valor deportivo e formativo, tanto para as deportistas da selección Española, como para todas as deportistas que compartiron os adestramentos con elas.

As deportistas Galegas convocadas coa selección nacional foron: Lydia Pérez Touriño, do Club de Loita Pontevedra, Nerea Pampín Blanco, do Club Keltoi de Vila de Cruces e Nerea Iglesias Campos, da Escola Ayude de Santiso.

Continuar atraendo actividades de alto valor formativo, motiva os nosos deportistas. E continuamos mantendo o CGTD de Pontevedra, como un reclamo nacional de formación de calidade.

En total 18 deportistas convocadas e 2 seleccionadoras, cumpriron co calendario deportivo e social, previsto para esta actividade.

Dentro das concentracións nacionais, temos instaurado unha xornada de test físicos, para avaliar o estado de forma das deportistas.

O seguinte obxectivo, a concentración internacional de Budapest (Hungría).

 

dec3ff6ba4350d25e22601a0821abf99e3c8ddc9
Anterior

COMENZO DO CURSO ESCOLAR NO CGTD DE PONTEVEDRA

Selección nacional Luchas Olìmpicas
Seguinte

CONCENTRACIÓN NACIONAL ABSOLUTA EN LOS NAREJOS (MURCIA)

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>