Sin categoría

CONCENTRACIÓN INTERNACIONAL #TOKIO2020 EN VILALBA

O deportista e técnico do CSK de Crimea (Ukraina), Sergey Priadum, está a traballar durante 2 semanas no Club de Loitas Olímpicas de Vilalba, supervisando a preparación de Jose Cuba Vázquez de cara as citas mais importantes do 2019, así como o resto de competidores da entidade.

Sergey Priadum, traballa co técnico do Club de Loitas Olímpicas de Vilalba, Iván Castro, co firme propósito de garantir a mellor preparación do deportista Chairego para #Tokio2020. O curriculum deportivo de Priadum e extenso, tendo como mellores resultados: 2 veces subcampión de Europa no peso pesado e unha vez, campión do Mundo militar. Representou a Ukrania en 2 Xogos Olímpicos.

A formación internacional de un deportista de alto nivel leva un esforzo persoal e económico moi elevado. Este tipo de actuacións dan os seus froitos pola iniciativa da entidade, os colaboradores e patrocinadores. O Club segue a traballar, coa idea firme de contratar a un técnico internacional de primeiro nivel, sendo Sergey Priadum a primeira e mellor opción. Tamén estivo traballando na entidade Alexis Rodriguez Valera (CUB), pero finalmente a UWW (Federación Internacional de Loita), contratou os seus servizos para o desenrolo das Loitas Olímpicas no continente Africano, onde traballa actualmente.

 

Selección Nacional absoluta Libre Olímpica
Anterior

2 GALEGOS CONVOCADOS COA SELECCIÓN NACIONAL ABSOLUTA NA CONCENTRACIÓN DE PARÍS

tatami
Seguinte

3 GALEGOS DISPUTAN O TORNEO INTERNACIONAL DE SAN BLAS EN MADRID

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>