PROXECTO ENCE DE DEPORTE BASE
A Federación Galega de Loita e D.A. grazas a colaboración económica de ENCE, continua a traballar na promoción e dinamización das Loitas Olímpicas, na contorna da Boa Vila, sendo os centros educativos de Pontevedra, Marín e Poio, os beneficiados directos desta campaña.
A financiación é fundamental para achegar o deporte os mais pequenos, é unha inversión de futuro. Grazas o apoio económico de ENCE, a través do seu Plan Social, a FGLeDA, puido achegar as Loitas Olímpicas a:
– 17 centros educativos de primaria e secundaria.
– 3.400 alumnos e alumnas dos centros educativos, participaron de forma activa no programa de dinamización das Loitas Olímpicas.
– O noso programa de promoción, continua a ser un dos mais demandados polos centros educativos.
– Achegamos actividades formativas, para os técnicos na dinamización das Loitas Olímpicas.
– Desenvolvemos actividades de competición adaptada para os mais novos.
Agardamos poder continuar con este traballo de promoción e contar coa achega económica de ENCE, para dinamizar o noso deporte!
Sen comentarios