FEGALOITA » Xogos Olímpicos http://www.fegaloita.es Federacion galega de loita e disciplinas asociadas Thu, 09 Feb 2023 12:02:46 +0000 es-ES hourly 1 https://wordpress.org/?v=4.1.37 RECEPCIÓN DO CONCELLO DE VIGO OS DEPORTISTAS OLÍMPICOS http://www.fegaloita.es/recepcion-do-concello-de-vigo-os-deportistas-olimpicos/ http://www.fegaloita.es/recepcion-do-concello-de-vigo-os-deportistas-olimpicos/#comments Thu, 04 Aug 2016 12:49:19 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=1275 O Concello de Vigo ofreceu no día de hoxe unha recepción os deportistas Olímpicos da cidade, entre eles estaban:

ALFREDO MARCUÑO MARTÍNEZ: Olímpico en Seúl 1988, 11º clasificado na categoría de Loita Libre Olímpica en 48 kg.

JUAN CARIDE GRANDAL: Olímpico en Seúl 1988, na categoría de 68 kg Loita Libre Olímpica.

En esta recepción falta o seleccionador Olímpico para Barcelona 1992, da modalidade de Loita Grecorromana Don MANUEL ROCA MIRÓN, tamén Vigués.

Cabe destacar a traxectoria deportiva de estas tres grandes figuras do noso deporte, que acadaron unha xesta, que ata o de agora é inigualable por parte de ningún deportista Galego de Loitas Olímpicas.

]]>
http://www.fegaloita.es/recepcion-do-concello-de-vigo-os-deportistas-olimpicos/feed/ 0
NICOLÁS CASTRO VOLVE DE TURQUÍA COA CLASIFICACIÓN PARA RIO 2016 http://www.fegaloita.es/nicolas-castro-volve-de-turquia-coa-clasificacion-para-rio-2016/ http://www.fegaloita.es/nicolas-castro-volve-de-turquia-coa-clasificacion-para-rio-2016/#comments Tue, 10 May 2016 08:49:10 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=1148 Nicolás Castro Seoane (Vilalba, 1976), acudiu como técnico nacional o torneo clasificatorio para os XXOO en Estambul (Turquía), onde se acadadou a clasificación directa do deportista Taimuraz Friev na categoría de 74kg Loita Libre Olímpica.

O éxito mais importante dos últimos anos nas Loitas Olímpicas a nivel nacional, ten acento Galego, da man de Nicolás Castro. O técnico nacional forma parte do staff que ven de acadar unha histórica clasificación para os XXOO de Río 2016, na modalidade de Loita Libre Olímpica, da man do deportista Taimuraz Friev (74kg).
O técnico chairego, afincado en Santiago de Compostela, leva traballando coa selección nacional absoluta durante este último ciclo Olímpico, acadando con todo o equipo técnico a mellor noticia que se poda ter antes de uns Xogos, ter representación nos mesmos.
Taimuraz venceu o representante Iraquí por 12-2, en oitavos de final o representante Armenio por 18-8, en cuartos de final o representante Uruguayo por 11-0 e en semifinais o representante Polaco por 8-3 e tocado. Unha vez na final e xa clasificado para Río 2016, non disputou a final ante o representante Uzbeco por precaución, ante unha posible lesión.
Nicolás Castro, dende Istambul afirma que “é fantástico axudar a todos os deportistas do equipo nacional que viaxaron ata Istambul, as rapazas de Loita Feminina, os rapaces de Loita Grecorromana e os de Loita Libre Olímpica, non tivemos moita sorte, pero este resultado amosa de novo o camiño a percorrer…”.

]]>
http://www.fegaloita.es/nicolas-castro-volve-de-turquia-coa-clasificacion-para-rio-2016/feed/ 0
NICOLÁS CASTRO NO STAFF DA SELECCIÓN NACIONAL NO ÚLTIMO CLASIFICATORIO PARA RIO 2016 http://www.fegaloita.es/nicolas-castro-dirixe-a-seleccion-nacional-no-ultimo-clasificatorio-para-rio-2016/ http://www.fegaloita.es/nicolas-castro-dirixe-a-seleccion-nacional-no-ultimo-clasificatorio-para-rio-2016/#comments Thu, 05 May 2016 08:08:11 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=1141 Nicolás Castro Seoane, parte a Istambul (Turquía) do 5 ó 9 de Maio, para formar parte do staff que dirixe a selección nacional de Libre Olímpica, no derradeiro torneo clasificatorio para os XXOO de Río 2016.

O técnico Chairego, acude como integrante dos seleccionadores para axudar o equipo Español na busca do pasaporte para Río 2016. 4 deportistas en Loita Grecorromana, 6 deportistas en Loita Feminina e 5 deportistas en Loita Libre Olímpica, loitarán os días 6, 7 e 8 de Maio no Bağcılar Sports Complex de Istambul.
Duas ausencias Galegas destacadas neste torneo:
Noelia Lalín Canda (Club de Loita Keltoi de Vila de Cruces), actual campioa de España absoluta na categoría de 75kg, viuse relegada pola elección dos seleccionadores en favor de Maider Unda, medalla de bronce nos XXOO de Londres 2012, para este último clasificatorio. E Jose Cuba Vázquez (Club de Loitas Olímpicas de Vilalba), tras ser membro da selección Española absoluta durante os 16 últimos anos, unha grave lesión no Torneo Internacional de París no mes de Xaneiro de este ano, provocou que teña que estar un ano no dique seco recuperándose tras a complicada operación para restañar as lesións sufridas.
Mais info en:

https://unitedworldwrestling.org/event/2nd-og-world-qualifying-tournament

]]>
http://www.fegaloita.es/nicolas-castro-dirixe-a-seleccion-nacional-no-ultimo-clasificatorio-para-rio-2016/feed/ 0
CAMPIONATO DE EUROPA SUB-23 http://www.fegaloita.es/campionato-de-europa-sub-23/ http://www.fegaloita.es/campionato-de-europa-sub-23/#comments Thu, 31 Mar 2016 09:38:24 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=1089 Hoxe chega a Rousse (Bulgaria), o deportista de Loxo (Touro) DAMIÁN IGLESIAS VILELA (Club de Loita Touro), para competir este vindeiro sábado 2 de Abril no Campionato de Europa SUB-23, coa Selección Nacional de Loitas Olímpicas.

Damián Iglesias competirá en Loita Libre Olímpica, na categoría de 97 kg, onde no ano 2015 acadou o campionato de España absoluto. Actualmente continua adestrando no CGTD de Pontevedra, onde prepara esta tempada sen deixar de lado a posibilidade de clasificarse para Río 2016.

]]>
http://www.fegaloita.es/campionato-de-europa-sub-23/feed/ 0