FEGALOITA » Loita Tradicional http://www.fegaloita.es Federacion galega de loita e disciplinas asociadas Fri, 28 Jul 2023 11:46:22 +0000 es-ES hourly 1 https://wordpress.org/?v=4.1.38 O CLUB A CAMBADELA PROMOCIONA A LOITA TRADICIONAL EN SANTIAGO DE COMPOSTELA http://www.fegaloita.es/o-club-a-cambadela-promociona-a-loita-tradicional-en-santiago-de-compostela/ http://www.fegaloita.es/o-club-a-cambadela-promociona-a-loita-tradicional-en-santiago-de-compostela/#comments Mon, 03 Oct 2016 11:16:05 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=1329 Os membros do Club de Loita A Cambadela de A Estrada, participaron este pasado sábado 1 de Outubro nas festas do barrio de San Pedro en Santiago de Compostela, cunha actividade de Loita Tradicional.

Severino Gómez dirixiu as actividades de Loita Tradicional enmarcadas dentro das festas do barrio de San Pedro, dentro do marco das actividades programadas de UN BARRIO EN FORMA. A difusión de esta modalidade deportiva, ven de lonxe co traballo do Club A Cambadela de A Estrada, mediante un traballo miúdo de recopilación de datos históricos. O taller participativo tivo gran afluencia de público e de participantes pola singularidade do deporte.

Agardamos que teñan mais continuidade este tipo de iniciativas de carácter social, achegando o deporte as rúas!

]]>
http://www.fegaloita.es/o-club-a-cambadela-promociona-a-loita-tradicional-en-santiago-de-compostela/feed/ 0
O CLUB A CAMBADELA CONTINUA COAS ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN http://www.fegaloita.es/o-club-a-cambadela-continua-coas-actividades-de-promocion/ http://www.fegaloita.es/o-club-a-cambadela-continua-coas-actividades-de-promocion/#comments Wed, 21 Sep 2016 09:05:50 +0000 http://www.fegaloita.es/?p=1325 Dende a súa localidade de orixe, o Club A Cambadela de A Estrada, trata de manter viva e espallar parte da nosa historia, recuperando a Loita Tradicional Galega, a través do estudo da nosa historia.

A Loita Tradicional ten varios nomes propios na súa recuperación en Galicia, pero os impulsores de este novo pulo son: Severino Gómez, Jorge Mato e Moises Iglesias,
As actividades para este novo curso académico serán o día 24 de Setembro o Club A Cambadela fará unha demostración e taller participativo para os mais novos na praza da Chousa do Concello de Combarro (Pontevedra) desde as 16:30 ata as 18:00 horas, en colaboración directa coa asociación Deportiva e Cultural Armadiña de Combarro.
O dia 1 de outubro estarán presentes no barrio de Sampedro en Santiago de Compostela con motivo do dia do barrio en forma, no que achegarán de novo ata as rúas parte da nosa cultura deportiva.
Dende o Club A Cambadela de A Estrada queren animar a todo o mundo a que proben unha modalidade moi arraigada na nosa cultura, lúdica, formativa e amena.

]]>
http://www.fegaloita.es/o-club-a-cambadela-continua-coas-actividades-de-promocion/feed/ 0