Sin categoría

CAMPIONATOS GALEGOS DE LOITA e SAMBO PRAIA

CONVÓCANSE os CAMPIONATOS GALEGOS de Loita Praia e Sambo Praia que terán lugar o día 17 de Maio do 2025, na praia de Silgar (Sanxenxo).

  • Inscrición definitiva dos equipos antes do mércores 14 de Maio ás 12.00 horas.
  • Control de peso: de 9:00 a 9:30 horas. HABERÁ 1 KG DE MARXE.
  • Competición día 17 de Maio.
    • SÉNIOR e U17: de 10:00 a 13:00 horas.
  • Inscrición: ZenytSports  https://www.zenytsports.org/Web/WrestlingGalicia/campeonatos.php
  • CATEGORÍAS: Sénior e U17.
  • PESOS LOITA PRAIA:
    • SÉNIOR MASCULINO: 70. 80, 90, +90 KG
    • SÉNIOR FEMININO: 50, 60, 70, +70 KG
    • U17 MASCULINO: 50, 60, 70, 80 KG
    • U17 FEMENINO: 40, 50, 60, 70 KG
  • PESOS SAMBO PRAIA:
    • SÉNIOR MASCULINO: 58, 71, 88, +88 KG.
    • SÉNIOR FEMININO: 50, 59, 72, +72 KG.
    • U17 MASCULINO: 50, 60, 70, 80 KG.
    • U17 FEMININO: 40, 50, 60, 70 KG.
  • Tapices: 2 círculos de competición.
  • VESTIMENTA:
    • Loita praia: Mallas curtas para os homes. Mallas curtas e camiseta licra/top deportivo para as mulleres.
    • Sambo Praia: Mallas curtas e Kurka para todos os participantes. As mulleres poden levar camiseta e/ou top deportivo por debaixo do kurka.
  • Lugar: Praia de Silgar (Sanxenxo).
  • Entrega de medallas de 13:30 a 14:00 horas.
  • As medallas serán: ouro para o primeiro clasificado, prata para o segundo clasificado e dous bronces para os semifinalistas.
  • Haberá trofeo para os tres primeiros clubs clasificados: A CLASIFICACIÓN SERÁ POLA SUMA DOS PUNTOS NAS MODALIDADES DE CADA CATEGORÍA DE IDADE: SÉNIOR e U17.
  • No caso de que nun peso soamente houbera un participante non se repartirá a medalla.
  • Na competición CADETE (U17) (nados no 2009 e 2008), os deportistas U15 (nados no 2010) poderán participar, coa responsabilidade do seu adestrador/a e con autorización do pai/nai co obxectivo de mellorar á súa formación.
  • Na competición sénior poderán participar todos os nados no 2007 (con autorización paterna) e anos anteriores.
  • Todos os participantes, deportistas, adestradores ou delegados DEBEN TER LICENZA EN VIGOR na presente tempada da mutualidade 2024-2025
  • Cada club debe presentar un árbitro ou auxiliar que colabore co Colexio de Árbitros.
  • Cada club debe presentar un adestrador/técnico.
  • A Federación Galega de Loita e D.A. non se fará cargo do transporte nin da manutención dos participantes.

 

Saúdos

 

José Luís Olazábal Ibars

Presidente da Federación Galega de Loita e D.A.

Seleccións Galegas U13 e U15
Anterior

INFORMACIÓN CTOS. ESPAÑA U13 DE LUCHAS OLÍMPICAS, EN MADRID

Seguinte

Esta é a nova máis recente

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>