CadetesCampionato GalegoClubsDeporteFederacionFegaloitaLoita FemininoLoita GrecorromanaLoita Libre OlímpicaSenior

CAMPIONATO GALEGO SÉNIOR e CADETE DE LOITAS OLÍMPICAS. 11 DE FEBREIRO NO CGTD DE PONTEVEDRA

O vindeiro sábado 11 de Febreiro o CGTD de Pontevedra, acollerá o campionato Galego sénior e cadete de Loitas Olímpicas, tanto na categoría masculina como feminina. A competición será en xornada de mañá.

Este campionato acollerá os mellores deportistas Galegos das diferentes categorías de peso e das distintas modalidades deportivas: Loita Libre Olímpica, Loita Feminina e Loita Grecorromana. Como en anos anteriores espérase que mais de 120 deportistas que representarán os clubs das 4 provincias Galegas se inscriban no campionato, que dará acceso os campionatos de España de ambos grupos de idade. A principal motivación dos deportistas, será clasificarse para a cita nacional que tamén será na cidade do Lérez o 25 de Marzo, onde tamén loitarán en casa.

A competición desenrolarase en 3 tapices oficiais de 10 x 10 metros, co  fin de axilizar a competición. Para elo tamén contamos coa colaboración do Colexio Galego de Árbitros e Xuíces de Loitas Olímpicas, no desenrolo de toda a competición.

Agradecer a colaboración de todos os patrocinadores, sen os cales, a organización de este campionato sería imposible, ou moi dificultosa.

Por outra banda temos que dicir, que este ano o campionato Galego de Loitas Olímpicas, será retransmitido en directo, por streaming, a través de varias plataformas dixitais. Esta é a primeira vez que esto sucede na historia do noso deporte. Para elo contamos co traballo feito en conxunto con MARCA TV, NOASPORT TV e LALIGA4SPORTS.

Tedes toda a información nos seguintes enlaces:

Normativa campionato Galego sénior e cadete de Loitas Olímpicas aquí.

Folla de inscrición.

CONCENTRACIÓN NACIONAL TECNIFICACIÓN 2017 (1)
Anterior

CONCENTRACIÓN NACIONAL DE TECNIFICACIÓN DEPORTIVA NO CGTD DE PONTEVEDRA

unnamed
Seguinte

JORNADA DE FORMACIÓN LUCHA SAMBO

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>