Sin categoría

CAMPIONATO GALEGO JÚNOR e ESCOLAR DE LOITAS OLÍMPICAS EN VIGO

O pavillón municipal de Teis en Vigo, acollerá este vindeiro sábado 8 de Febreiro, de 10:00 a 14:00 horas, os campionatos Galegos júnior e escolar de Loitas Olímpicas.

A Federación Galega de Loita en colaboración co Club de Loita San Ignacio de Vigo, organizarán este campionato Galego con un total de 138 inscricións para as categorías júnior e escolar. Este campionato Galego perfilase como un dos mais concorridos dos últimos anos. En total haberá 14 equipos que representan as 4 provincias Galegas neste torneo de máximo nivel autonómico.

A competición desenrolarase en xornada de mañá, dende as 10:00 ata as 14:00 horas, de xeito ininterrompido, sendo a entrada o campionato totalmente gratuíta para os asistentes e curiosos que queiran achegarse.

Este campionato será o primeiro filtro para seleccionar os deportistas que acudirán os campionatos de España representando a Galicia en ambas categorías de idade.

Os seleccionadores Galegos estarán moi pendentes dos resultados dos deportistas para confeccionar as diferentes seleccións Galegas. Cabe destacar o aumento no número de deportistas femininas que compiten nas Loitas Olímpicas, sendo Galicia un referente a nivel nacional nesta modalidade.

Por outra banda o Colexio Galego de Árbitros e Xuíces, que está de noraboa polas últimas convocatorias dos nosos árbitros para participar en eventos internacionais coa selección nacional, dirixirá esta competición que se desenrolará en tres tapices oficiais de 10 x 10 metros.

Por último, agradecer a inestimable colaboración da Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Vigo, abertos sempre o deporte e que garante que estas competicións podan levarse a cabo.

WhatsApp Image 2020-02-01 at 21.24.00
Anterior

5 OUROS, 2 PRATA e 6 BRONCES NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA

PHOTO-2020-02-04-15-10-07
Seguinte

PROGRAMA SPARRING PARA TOKIO 2020 EN EL CGTD

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>