CAMPIONATO GALEGO DE GRAPPLING e MMA
O vindeiro sábado 12 de Decembro dende as 10:00 ata as 16:00 horas, terá lugar no Pavillón Municipal Pablo Herbello de Bueu, o campionato Galego de Grappling e MMA, tanto en modalidade masculina como en feminina.
Este campionato é puntuable para asistir os ctos. de España de ambas modalidades para o vindeiro ano 2016. Por elo, agárdase unha nutrida participación. O campionato desenvolverase en dous tapices oficiais, para que a competición teña máis dinamismo.
Sen comentarios