Sin categoría

CAMPIONATO GALEGO DE GRAPPLING ABSOLUTO e U20

Os Campionatos Galegos de Loita GRAPPLING que terá lugar o día 09 de Novembro do 2024, no CGTD de Pontevedra só para a categoría ABSOLUTA e U20.

O programa quedaría do seguinte xeito, a falta de concretar algunhas cuestións:

 

  • Inscrición definitiva dos equipos antes do luns 4 de Novembro ás 12.00 horas.
  • Control de peso: de 9:00 a 9:30 horas. HABERÁ 1 KG DE MARXEN.
  • Competición día 9 de Novembro de 10:00 a 13:30 horas.
  • Tapices: 3 tapices.
  • Lugar: Pavillón do CGTD de Pontevedra.
  • Entrega de medallas de 13:30 a 14:00 horas.
  • As medallas serán: ouro para o primeiro clasificado, prata para o segundo clasificado e dous bronces para os semifinalistas.
  • Haberá trofeo para os tres primeiros clubs clasificados.
  • No caso de que nun peso soamente houbera un participante non se repartirá a medalla.
  • Todos os participantes, deportistas, adestradores ou delegados deben ter licenza en vigor na presente tempada.
  • Cada club debe presentar un árbitro ou auxiliar que colabore co Colexio de Árbitros.
  • Cada club debe presentar un adestrador/técnico.
  • A Federación non se fará cargo do transporte nin da manutención dos participantes.

 

Para poder levar a cabo este programa deberíamos, entre todos, tomar unha serie de medidas:

  • Os deportistas deberán dar o peso na pasaxe oficial.
  • Os equipos deberán presentarse no Pavillón da competición unha hora antes do comezo da mesma.
  • Tódolos equipos participantes deberán estar ao corrente cos pagos coa Federación Galega de Loitas Olímpicas e D.A.

 

 

INSCRIPCIÓN:

 https://www.zenytsports.org/ctgaliciagrappling/login.php

 

 

Actividades Promoción Loitas Olímpicas (6)
Anterior

DEPOESCOLAS 2024/25

14 COPA DEPUTACIÓN OURENSE 2024
Seguinte

14º COPA DEPUTACIÓN OURENSE DE DEPORTE BASE

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>