Campionato do MundoFederacionFegaloitaLoita Libre Olímpica

CAMPIONATO DO MUNDO DE VETERANOS

Os dous medallístas mundiais da categoría máster, viaxarán do 10 ó 15 de Outubro a Plovdiv (Bulgaria), co fin de seguir facendo historia nunha categoría que cada ano conta con mais adeptos.

O Campionato do Mundo Máster, conta con maior participación. Neste ano 2017, rondan os 700 participantes inscritos entre deportistas, técnicos e árbitros.

A Federación Española de Loitas Olímpicas, a Federación Galega de Loitas Olímpicas e os propios deportistas, sufragan os gastos da súa participación, nunha nova mostra de traballo conxunto, tratando de afianzar esta categoría para dar continuidade os deportistas de maior experiencia.

Roberto Estévez Álvarez, do Club de Loita Ciudad de Vigo, tratará de acadar de novo a medalla de ouro na categoría C, en 70 kg, que acadou o pasado ano en Polonia. Pola súa parte, Miguel Casqueiro Suárez, do Club de Loita Ciudad de Vigo, tratará de mellorar a medalla de bronce, na categoría A en 62 kg. Ambos deportistas competirán na modalidade de Loita Libre Olímpica, sendo este o segundo ano que compiten no mundial Máster.

A selección nacional acude con 5 deportistas: Robreto Estévez e Miguel Casqueiro (GAL), Rafael Mota e Carlos Fernández (MAD), Airán González (CAN)

https://unitedworldwrestling.org/event/world-championships-28

Agardamos que teñan a mellor das sortes.

cabecera
Anterior

CONVOCATORIA TORNEO INTERNACIONAL DE KRASNIK EN POLONIA

IMG_3568
Seguinte

A SELECCIÓN FEMENINA JÚNIOR RUSA DE LOITAS OLÍMPICAS EN PONTEVEDRA

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>