Campionatos de EspañaSin categoríaSUB-23

CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 23 DE LOITAS OLÍMPICAS

O vindeiro sábado 18 de Febreiro celébrase no pavillón exterior do CSD de Madrid o campionato de España SUB-23 de Loitas Olímpicas. Cita a que Galicia acude con 10 deportistas, con serías opcións de meterse en todas as finais.

Este é o terceiro ano que se celebra este campionato de España, no que Galicia ten unha ampla experiencia en canto a bos resultados: sempre loitando polas preseas, e varios deportistas campións de España, e que tiveron disputados dous campionatos de Europa SUB23. O listón está moi alto.

Este ano, a selección Galega, está vertebrada polos deportistas becados no CGTD de Pontevedra, adestrando as ordes de Alexander Kachelaev e Marcos Miragaya. Moitos dos nosos deportistas son júnior de primeiro ano, son aínda moi novos, pero teñen que «rodarse cos mellores deportistas das súas respectivas categorías de idade, para avanzar na súa formación».

Cto. de España SUB-23
Libre Feminina
48 kg Cristina Alves Club Ciudad de Vigo
58 kg Lidia Pérez Touriño Club Loita Pontevedra
60 kg Nerea Pampín Club Keltoi de Vila de Cruces
63 kg Judit Varela Club Keltoi de Vila de Cruces
69 kg Noelia Lalín Canda Club Keltoi de Vila de Cruces
Libre Olímpica
57 kg Roberto Díaz Club Loita Vilalba
61 kg Carlos Yobanni García Club Loita Vilalba
65 kg Jesús Gonsálves Club Keltoi de Vila de Cruces
97 kg Ramón Monasterio Portela Club de Loita Vilalba
Grecorromana
130 kg Nicolás López Gredilla Club Loita Lugo

As novas liñas de traballo e a axuda o rendemento, fan que este ano, teñamos na nosa expedición a IAGO LÓPEZ ROEL (Pontevedra, 1986), Psicólogo deportivo de recoñecido prestixio e con numerosos deportistas o seu cargo. Iago López, traballa a cotío cos deportistas de rendemento do CGTD de Pontevedra, pero tamén traballa cos deportistas da Federación Galega de Bádminton, Piragüísmo e Triatlon, así como co Leis de Fútbol sala. Iago López estará pendente dos nosos deportistas axundando a canalizar a ansiedade e o nerviosismo previo as competicións. «Canto mellor atendidos teñamos os nosos deportistas, mais doado será que se acheguen o seu 100% de rendemento», afirma Pablo Pintos (D.T. da FGLeDA).

O grupo de técnicos estará composto por Alexander KAchelaev, seleccionador Galego e técnico do CGTD e Rubén Méndez: Seleccionador Galego de Loita Grecorromana. Ambos dirixirán os deportistas. O árbitro convocado pola Federación Española é Marcos Araujo (Vigo, 1976), quen dirixirá parte da comepticion. Sendo o árbitro Galego de maior proxección nacional e internacional. Pablo Pintos (Vigo, 1978), debutará no seu novo cargo de Seleccionador Nacional SUB23 de Loita Libre Olímpica, co principal obxectivo de seleccionar o grupo de deportistas que acudirán o Cto. do Mediterráneo SUB 23 do 8 ó 12 de Marzo en Arxel.

 

jose_cuba
Anterior

RESULTADOS CTO. GALEGO SÉNIOR E CADETE DE LOITAS OLÍMPICAS

Selección Galega de Loitas Olímpicas SUB 23
Seguinte

RESULTADOS CTO. ESPAÑA SUB 23 DE LUCHAS OLÍMPICAS

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>