Moi boa actuación dos deportistas Galegos no Gran Premio de España de Loita e actuación excepcional de Jose Cuba, quen co bronce acadado confirma a súa presenza no primeiro torneo clasificatorio para os XXOO de Río, o campionato do mundo de loita en Las Vegas [EEUU].

Este pasado sábado 11 de Xullo, no Gran Premio de España de Loitas Olímpicas déronse cita 40 países e mais de 500 deportistas, que competiron nas 3 modalidades olímpicas: Loita Libre Olímpica, Loita Feminina e Loita Grecorromana.

Os resultados dos deportistas Galegos desprazados ata Madrid foron:

  • Loita Libre Olímpica:
    • clasificado: Jose Cuba Vázquez en 125kg [Club de Loitas Olímpicas de Vilalba]
    • clasificado: Damián Iglesias en 97kg [Club de Loita Touro]
  • Loita Feminina:
    • 22º clasificada: Sara Viéitez en 48 kg [Club San Ignacio]
    • clasificada: Lidia Pérez Touriño en 60kg [Club de Loita Pontevedra]
    • clasificada: Noelia Lalín Canda en 75kg [Club de Loita Keltoi de Vila de Cruces]
  • Loita Grecorromana:
    • 22º clasificado: Pablo García García en 75kg [Club de Loita Pontevedra]

Todos os deportistas axudaron a que as diferentes seleccións nacionais acadaran os mellores resultados dos últimos anos, nun torneo internacional tan concurrido.

O Colexio Galego de Árbitros e Xuíces estivo representado por Ángel Amor Villar e Marcos Araujo Pereira, ambos colexiados internacionais, nados en Vigo.

Tras este campionato, todos os deportistas Galegos permanecerán concentrados no CAR de Madrid, as ordes de Nicolás Castro [Vilalba, 1976] dende o 12 ata o 24 de Xullo, adestrando con equipos como o de USA, Rusia, Irán, Francia, Japón, Italia….

jose_cuba
Anterior

9 GALEGOS NO CAMPIONATO INTERNACIONAL

manzaneda
Seguinte

8 DEPORTISTAS CONCENTRADOS EN MANZANEDA

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>