Axudas

AXUDAS RIO 2016

A Fundación Deporte Galego vén de publicar hoxe  13 de abril no Diario Oficial de Galicia a 2ª fase de Axudas a Deportistas Galegos de Alto Nivel, baixo a denominación “Convocatoria de AXUDAS DESTINO RÍO 2016- AXUDAS DGAN”, e que se enmarca no plan de axudas á preparación dos/as deportistas Galegos/as de Alto Nivel.

O prazo de solicitudes rematará o vindeiro 28 de abril.

Seguindo coa filosofía de anos e convocatorias precedentes, este plan é unha actuación máis na liña de apoiar aos/ás deportistas galegos/as de alto nivel para que sigan mellorando o seu rendemento deportivo e co que pretendemos axudarlles na súa dedicación ao deporte de alto nivel.

Pola experiencia acumulada nos anos anteriores, e ao fin de optimizar esta actuación de xeito que resulte o máis operativa e beneficiosa para os deportistas destinatarios, nesta edición incorporamos como novidade que a convocatoria foi dividida en dúas fases:

1ª FASE: Resolta o pasado 30 de decembro de 2014
2ª FASE: Publicada 13 de Abril.

ANEXO 2: CERTIFICADO DA FEDERACIÓN, que nesta ocasión, e para garantir a súa oficialidade e validez non serán admitidos se veñen escaneados ou aínda sendo orixinais veñan coas casiñas de verificación e resultados cubertos de forma manual. Ademais, as sinaturas e selos deberán ser orixinais.

Pódese consultar tamén toda a información na web deporte.xunta.es

Para calquera dúbida sobre o contido da convocatoria, podedes contactar co Técnico Deportivo responsable desta convocatoria, Luciano Díaz no teléfono 881999843 ou no correo electrónico ldiaz@fundaciondeportegalego.com

Anterior

AXUDAS PARA CLUBES DEPORTIVOS CONCELLO DE VIGO

Loita_5
Seguinte

11 PRESEAS GALEGAS NOS CAMPIONATOS DO MEDITERRÁNEO

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>