FederacionFegaloitaLoita FemininoLoita GrecorromanaLoita Libre OlímpicaTorneo Internacional

8 MEDALLAS PARA OS GALEGOS NO CTO. INTERNACIONAL DO MEDITERRÁNEO DE LOITAS OLÍMPICAS

Un total de 8 preseas para os convocados Galegos no Campionato do Mediterráneo de Loitas Olímpicas que tivo lugar en Madrid do 18 ó 20 de Novembro no pavillón exterior do CSD.

As 5 deportistas femininas convocadas pola selección nacional júnior e absoluta, obtiveron:

  • 3ª clasificada Cristina Alves en 44 kg, categoría júnior do Club Ciudad de Vigo.
  • 1ª clasificada Nerea Pampin en 55 kg, categoría júnior do Club Keltoi de Vila de Cruces.
  • 1ª clasificada Lydia Pérez en 59 kg, categoría júnior do Club de Loita Pontevedra.
  • 2ª clasificada Judit Varela en 63 kg categoría júnior do Club Keltoi de Vila de Cruces.
  • 1ª clasificada Lydia Pérez en 58 kg, categoría sénior do Club de Loita Pontevedra.
  • 2ª clasificada Noelia Lalín en 75 kg, categoría sénior do Club Keltoi de Vila de Cruces.

Por outra banda a clasificación dos deportistas convocados en Loita Libre Olímpica foron:

  • 5º Roberto Díaz en 55 kg categoría júnior do Club de Loitas Olímpicas de Vilalba.
  • 5º Carlos Yobanni en 60kg categoría júnior do Club de Loitas Olímpicas de Vilalba.
  • 2º clasificado Damián Iglesias en 97 kg categoría sénior do Club de Loitas Touro.
  • 1º clasificado Jose Cuba en 125 kg categoría sénior do Club de Loitas Olímpicas de Vilalba.

En Loita Grecorromana, a clasificación final foi:

  • 5º clasificado Nicolás López en 130 kg categoría sénior do Club de Loita Lugo.

Como árbitro internacional viaxa:

  • Marcos Araujo Pereira do Club San Ignacio de Vigo

Os deportistas convocados para esta competición de carácter internacional, coas diferentes seleccións nacionais, tiveron que enfrontarse os representantes os mais de 250 deportistas dos 15 países inscritos. Esta foi a primeira gran competición de este comezo de tempada.

Cabe destacar a convocatoria de Lydia Pérez Touriño tanto na categoría júnior como na categoría sénior, formando parte do equipo nacional absoluto. Esta deportistas é das que maior proxección internacional está a amosar xunto con Judit Varela.

Por outra banda, retornou o mais alto do podio nunha competición de primeiro nivel, Jose Cuba Vázquez, tras a grave lesión sufrida a principios de ano no seu ombro esquerdo, que o obrigou a pasar por quirófano.

Destacar que Galicia foi das comunidades que mais deportistas aportou o equipo nacional, estando 6 deportistas dos convocados adestrando de forma permanente no CGTD de Pontevedra, as ordes de Alexander Kachelaev e de Marcos Miragaya.

 

unnamed
Anterior

ACTIVIDADE FORMATIVA SOBRE ACOSO ESCOLAR

Seguinte

4º TORNEO INTERNO CLUB SAN IGNACIO

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>