ClubsDeporte BaseFederacionFegaloita

7ª COPA DEPUTACIÓN OURENSE DE LOITAS OLÍMPICAS NAS CATEGORÍAS BASE

Dende a FGLeDA temos un interés especial en que se leven a cabo actividades participativas e competitivas deste deporte en Ourense, pois é moito o que axudan a que se dea a coñecer entre os mozos e mozas da provincia. Axudando a nutrila de novos practicantes cremos que unha escola como a do C.L. Atila e o Club Auriens de Ourense, pode ser a punta de lanza da loita galega nun futuro próximo. Un  modelo a seguir polo resto dos deportes e dos clubs.

Por outro lado destacar as facilidades e axuda prestadas dende a Deputación de Ourense, especialmente dende o seu Departamento de Deportes. Son moitas administracións cos que traballamos e poucas nas que as actividades e proxectos proliferen con tanta naturalidade e bo rendemento.

O éxito dunha actividade e dos seus deportistas son o resultado dun conxunto de factores nos que cada un xogamos, para ben ou para mal, un papel relevante. Neste caso, sabemos que os éxitos do Club de Loita Atila e o Club Auriens son dos seus deportistas, teñen na Deputación de Ourense o seu principal elemento vértebrador, e esperamos que nun futuro este deporte saiba darlle resposta a tanto esforzo poñendo á provincia no mapa internacional deste deporte.

Lugar e Data: Pavillón dos REMEDIOS de Ourense, o 21 de Outubro de 2017 de 17:00h a 19:30h.

Participación:  3 Clubs, 50 Deportistas e 4 Adestradores, Xuíces e persoal organizador.

Indirectamente estimamos que cerca de unha centea de pais, nais e acompañantes se achegaron até Ourense para ver a actividade.

Resultados:

  1. Club Keltoi de Vila de Cruces Club.
  2. Club Atila de Ourense.
  3. Club de Loita “El Castro”.

Iniciativas informativas: envío a toda a prensa información sobre a celebración do campionato resaltando a participación da Deputación de Ourense. Pegada de carteis. Tódolos estudantes de primaria recibiron información sobre a celebración do campionato no que figura a colaboración da Deputación de Ourense e do seu Departamento de Deportes.

IMG_5490
Anterior

RECEPCIÓN NO CONCELLO DE SANXENXO A SELECCIÓN FEMININA RUSA DE LOITAS OLÍMPICAS

IMG_3943
Seguinte

CURSO DO C.O.E. NO CAR DE MADRID

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>