5 GALEGAS CONVOCADAS PARA A CONCENTRACIÓN NACIONAL U15
5 loitadoras Galegas, están convocadas para participar na concentración nacional U15, que terá lugar no complexo CIUDAD ESCOLAR de Madrid do 15 ó 17 de Decembro.
A aposta pola formación das categorías base é unha das señas de identidade da nosa Federación. Actividades de alto valor formativo e cunha calidade humana moi coidada.
Este tipo de concentracións, nas que se conxuga deporte e convivencia con preto de 60 das mellores deportistas nacionais da categoría U15, estimula o intercambio de coñecemento e son moi motivantes para as deportistas.
| Nome | Club |
| Nela Sebio | Keltoi |
| África García | Keltoi |
| Nadia Zoltikova | Pontevedra |
| Carmen Naveiro | Pontevedra |
| Clara Corrochano | Lugo |
| Pablo Pintos | Técnico |
Agardemos que teñan a mellor das sortes.
Sen comentarios