Campionato do MundoDeporteFederacionFegaloitaLoita Libre OlímpicaSenior

3 GALEGOS O CTO. DO MUNDO DE LOITAS OLÍMPICAS

3 deportistas Galegos serán a única representación nacional no Campionato do Mundo para maiores de 35 anos que se celebra do 6 ó 10 de Outubro en Walbrzych (Polonia).

Os tres representantes Galegos para participar no cto. mundial de Loita Libre Olímpica serán: Roberto Estévez Álvarez (Vigo, 1968. Participará na Categoría C) en 69 Kg e Miguel Casquero Suárez (Vigo, 1978. Participará na categoría A) ambos do Club Ciudad de Vigo e Pablo R. Pintos Figueroa (Vigo, 1978. Participará na categoría A) en 69 kg do Club de Loita Lugo.

Tanto a Federación Española, como a Federación Galega apoian esta iniciativa pioneira no noso deporte, pero son os deportistas os protagonistas de este paso adiante no deporte, xa que teñen que sufragar todos os gastos da súa participación no mundial. Esta é a primeira vez que a selección nacional participa nun campionato do mundo na categoría de Loita Libre Olímpica, polo que se agarda que sexa un referente e un acicate a nivel nacional para os vindeiros anos.

A especial dificultade de esta competición, é que moitos deportistas en activo das principais potencias mundiais, participan en este campionato para continuar coa preparación dos deportistas mais lonxevos. Esto supón un aumento do nivel deportivo exponencial durante os últimos anos.

Agardamos que teñan a mellor das sortes.

news
Anterior

O CLUB A CAMBADELA PROMOCIONA A LOITA TRADICIONAL EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

roberto-estevez-campion
Seguinte

UN OURO e UN BRONCE NO CTO. DO MUNDO MÁSTER DE LOITAS OLÍMPICAS

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>