Sin categoría

3 GALEGOS NO CAMPIONATO DE EUROPA EN ROMA (ITA)

3 deportistas Galegos acudirán o Campionato de Europa, que terá lugar en Roma do 10 ó 18 de Febreiro, en Ostia di Lido (Roma, Italia).

En Loitas Olímpicas, os representantes Galegos serán:

– Lydia Pérez Touriño. Clubr de Loita Pontevedra. Loita Feminina en -62 kg. Compite o xoves 13 de Febreiro.

– Jose Cuba Vázquez. Club de Loitas Olímpicas de Vilalba. Libre Olímpica en -125 kg. Compite o sábado 15 de Febreiro.

Ambos deportistas, afrontan esta cita continental como unha actividade mais de preparación de cara a os torneos clasificatorios para os XXOO Tokio 2020, que terán lugar en Budapest (HUN), do 19 ó 22 de Marzo, e en Sofía (BUL) do 30 de Abril o 3 de Maio. Serán estes dous torneos, onde se decidan as prazas Olímpicas.

En Grappling:

– Sara Vieitez Mariño. Club Independiente de Vigo. Grappling feminino – 53 kg. Compite o Luns 17 de Febreiro. Esta será a primeira vez que unha deportista Galega, compita nunha cita continental. Será a única representante Española nesta competición, o que amosa o bo traballo dos Clubs Galegos.

Agardemos que todos eles, teñan a mellor das sortes!

9dd3c884-ee07-41dd-8c09-7c52cf3170a9
Anterior

XOGALOITA EN VIGO CON 200 ALUMN@S DE 6 CENTROS EDUCATIVOS

CAMPIONATO GALEGO SENIOR E CADETE 2020 (2)
Seguinte

CAMPIONATO GALEGO SÉNIOR E CADETE DE LOITAS OLÍMPICAS EN OURENSE

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>