3 GALEGAS NA LIGA IBERDROLA DE LOITA FEMININA
Este vindeiro sábado 23 de Novembro en xornada de tarde, terá lugar no complexo deportivo CIUDAD ESCOLAR de Madrid a LIGA IBERDROLA DE LOITA FEMININA.
Están convocadas 3 deportistas Galegas:
– Lydia Pérez do Club de Loita Pontevedra.
– Nerea Pampín Blanco do Club Keltoi de Vila de Cruces.
– Ahine López do Club San Ignacio de Vigo.
Esta competición de Loita Feminina, será unha das máis importantes do ano, xa que só se disputa nos pesos Olímpicos, o que auna pesos e campioas de España de diferentes categorías de peso, nunha mesma categoría. O nivel será moi elevado. Agrupar a campioas de España de diferentes pesos, é unha forma de seleccionar as mellores de entre as mellores!!!!
Agardemos que teñan a mellor das sortes!
Sen comentarios