Sin categoría

2º POSTO DE GALICIA NO TRIANGULAR INTERNACIONAL DE PONTEVEDRA

A Federación Galega de Loita e D.A. rematou no segundo posto, no TRIANGULAR INTERNACIONAL DE PONTEVEDRA DE LOITAS OLÍMPICAS celebrado este pasado sábado 23 de Novembro, nas instalacións do CGTD da Boa Vila. A Federación Española subiu o mais alto e a selección de Portugal, finalizou no 3º posto.

Preto de un cento de deportistas, déronse cita nas instalacións do CGTD, para disputar o TRIANGULAR, como broche final a concentración do programa nacional de tecnificación deportiva, que tivo lugar no centro de tecnificación dende o 20 ata o 23 de Novembro.

As 3 seleccións nacionais das modalidades olímpicas, disputaron esta competición con categorías de peso adaptadas, para agrupar os campións de España entre eles, e así elevar o nivel de esta cita.

Galicia acadou un total de 2 medallas de Ouro, 3 medallas de prata e 12 medallas de bronce.

Os nomes propios da competición foron: Nerea Iglesias da Escola Ayude de Santiso, campioa en Loita Feminina no grupo 5 e Cristian Suárez do Club de Loita Sabarís campión no grupo 4 de Libre Olímpica. Ambos están becados no CGTD de Pontevedra.

Esta actividade garante o nivel de prepraración competitiva dos nosos deportistas das categorías base, cos que continuamos traballando para formalos no deporte que os apaixona. Non existen en España, moitas competicións de esta categoría U-15, e moito menos de este nivel, xa que na concentración estaban presentes os 30 campións e campionas de España U-15, que tiveron que enfrontarse entre sí en 5 categorías de peso: o que facilitou que en cada categoría houbera a lo menos 2 campións de España. O nivel foi formidable…. e as preseas estiveron moi caras.

4G8A8385
Anterior

BROCHE DE OURO A CONCENTRACIÓN NACIONAL DE TECNIFICACIÓN DEPORTIVA

Selección Española de Luchas Olímpicas en Sofía, Bulgaria
Seguinte

3 GALEGOS CONVOCADOS COA SELECCIÓN NACIONAL ABSOLUTA EN BULGARIA

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>