ClubsDeporteDeporte BaseEscolarFederacionFegaloitaFormaciónLoita FemininoLoita Libre Olímpica

250 DEPORTISTAS INSCRITOS PARA A XORNADA FINAL DA LIGA DE DEPORTE BASE.

Un total de 250 deportistas, representarán os 14 mellores clubs Galegos clasificados para a Xornada Final da Liga de Deporte Base de Loitas Olímpicas, que terá lugar este vindeiro sábado 28 de Maio de 10:30ata as 13:30 horas, no pavillón municipal de Vila de Cruces (Pontevedra).

A competición por equipos mais importante do calendario Galego, terá este fin de semana o seu día grande para os mais pequenos, grazas a organización levada a cabo por parte do Concello da Vila de Cruces, Secretaría Xeral para o Deporte, Club Keltoi de Vila de Cruces e a Federación Galega de Loita e D.A.
O pavillón municipal dos deportes, acollerá de 10:30 ata as 13:30 horas, a competición do deporte base de xeito ininterrompido. Este campionato esta crecendo ano a ano. A competición por equipos favorece a inclusión de novos talentos nos equipos estables do campionato.
Estas actividades teñen un forte compoñente lúdico-deportivo para favorecer a formación dos mais novos e que sexa esta competición un forte acicate para facilitar a vinculación dos mais novos co deporte.
De acordo coa clasificación das anteriores xornadas, os cruces quedan establecidos do seguinte xeito:
COMPETICIÓN DO 1º ó 6º POSTO:
– Club de Loita San Ignacio de Vigo, Club Ciudad de Vigo, Club El Castro de Vigo, Club de Loita Atila de Ourense, Club Keltoi de Vila de Cruces e Escola Ayude de Melide
COMPETICIÓN DO 7º ó 14º POSTO:
– Club Kuzushi de Vigo, Club de Loita do Morrazo, Club de Loitas Olímpicas de Vilalba, Club de Loita Rábade, Club Stellae de Santiago de Compostela, Club de Loita Lugo, Club Hispano Team de Lugo e Club de Loita A Cambadela de A Estrada.
Agardamos que esta sexa unha festa para o deporte de base!

IMG_0787
Anterior

O CLUB DE LOITA DO MORRAZO CAMPIÓN DA PRIMEIRA COPA DE ESPAÑA DE GRAPPLING DAS CATEGORÍAS BASE

DSC_0238
Seguinte

RECEPCIÓN DO REITOR DA UNIVERSIDADE DE VIGO OS DEPORTISTAS UNIVERSITARIOS

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>