Sin categoría

150 DEPORTISTAS INSCRITOS NA XORNADA NORTE DA LIGA DE DEPORTE BASE

As categorías de DEPORTE BASE teñen este vindeiro sábado 12 de Marzo, un día histórico para o noso deporte. Tras dous anos de pandemia, e de paralización das actividades de DEPORTE BASE, retomamos a competición para os mais pequenos no CONCELLO DE LUGO.
A FEDERACIÓN GALEGA DE LOITA e D.A. en colaboración co CLUB LOITA LUGO, organizan no Pavillón Municipal dos Deportes de Lugo en xornada de mañá dende as 10:30 ata as 12:30 horas, esta xornada histórica para o noso deporte.
6 Clubes darán comenzo a Liga de Deporte Base:
– Club de Loitas Olímpicas de Vilalba.
– Club Keltoi de Vila de Cruces.
– Escola Ayude de Santiso.
– Club Atila de Ourense.
– Club de Loita Lugo.
– Club San Lorenzo de Gijón (Asturias).
O caso mais destacado é o do Club San Lorenzo de Gijón (Asturias), que se inscribiron na liga, o non ter a posibilidade de participar en Asturias, polo parón provocado pola COVID.
Esta liga de deporte adaptado para os mais pequenos, desenrolarase en tres tapices: un de 8 x 8 e 2 de 6 x 6 mts. Adaptando as medidas dos tapices os participantes. As limitacións no regulamento, fan de esta actividade a mais atractiva do calendario deportivo do ano 2022.
A seguridade ven da man do protocolo FISICOVID DXT-GALEGO que rexerá a competición. Todos os deportistas competirán con máscara, mantendo a actividade con contacto.
Esta é a primeira competición a nivel nacional de deporte base, sendo pioneiros en Galicia, na organización de eventos para os mais pequenos.
Agradecer a colaboración do Concello de Lugo, Deputación de Lugo e Secretaría Xeral para o Deporte, que fan posible este tipo de actividades.
Agardemos que sexa un éxito deportivo!!!

lydia
Anterior

LYDIA PÉREZ CONCENTRADA EN SUECIA DO 1 Ó 12 DE MARZO

ee709d5fd71515e33d9a067fa104009cdf44ace8
Seguinte

NEREA PAMPÍN ACUDE O EUROPEO U-23 DE LOITAS OLÍMPICAS

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>