Sin categoría

12 GALEGOS CONVOCADOS PARA O TORNEO INTERNACIONAL JÓVENES PROMESAS

12 Galegos acudirán do 6 ó 8 de Novembro o Torneo Internacional JÓVENES PROMESAS, que terá lugar en Pilar de la Horadada (Valencia), onde se reunirán os mellores deportistas nacionais das categorías cadete, júnior e U23.

Os deportistas convocados pola Federación Española son: Saúl Bello e Manuel González ambos do Club San Ignacio de Vigo, David González e Omar Rodríguez do Club Sabarís de Baiona, Santiago Sánches e Nerea Pampín ambos do Club Keltoi de Vila de Cruces, Nerea Iglesias da Escola Ayude de Santiso.

Como técnicos acudirán Rubén Méndez, e os técnicos nacionais Marcos Miragaya (seleccionador cadete) e Pablo Pintos (seleccionador U23).

O Colexio Galego de Árbitros, estará representado por Daniel Fernández e Jorge Garrido, ambos do Club Kuzushi de Vigo.

Unha vez rematada a competición, os deportistas: Santiago Sánchez, Nerea Pampín, Nerea Iglesias, Omar Rodríguez, Marcos Miragaya e Pablo Pintos, permanecerán concentrados ata o mércores 11 de Novembro.

Agardemos que sexa unha boa oportunidade para amosar o funcionamento dos protocolos, xa que todos os deportistas teñen que acudir a convocatoria cunha proba negativa de COVID-19. Unha vez cheguen a Pilar de la Horadada,  todos teñen que volver a pasar outro test de antíxenos, para poder acceser o hotel e a competición.

A Federación Española e a Federación Murciana de Lucha, están blindando esta actividade, para tratar de garantir a máxima seguridade para todos os participantes.

PESO NOMBRE CLUB CADETE JÚNIOR U23 COMPETICIÓN CONCENTRACIÓN
DAVID GONZÁLEZ SABARÍS 61 KG SI NO
SAUL BELLO SAN IGNACIO 65 KG 65 KG SI NO
MANUEL GONZÁLEZ SAN IGNACIO 55 KG SI NO
SANTIAGO SÁNCHEZ KELTOI 97 KG 97 KG SI SI
NEREA PAMPÍN KELTOI 68 KG SI SI
NEREA IGLESIAS AYUDE 73 KG 76 KG SI SI
OMAR RODRÍGUEZ SABARIS 79 KG SI SI
MARCOS MIRAGAYA TÉCNICO FEL SI SI
RUBÉN MÉNDEZ TÉCNICO FGL SI NO
JORGE GARRIDO ÁRBITRO FEL SI NO
DANIEL FERNÁNDEZ ÁRBITRO FEL SI NO
PABLO PINTOS TÉCNICO FEL SI SI

 

Lydia Peréz
Anterior

LYDIA PÉREZ CONVOCADA PARA O TORNEO INTERNACIONAL ZIOLKOWSKI PITIASINSKI, EN POLONIA

cartel
Seguinte

GALICIA ACUDE O CAMPIONATO DE ESPAÑA ABSOLUTO

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>