Sin categoría

12 DEPORTISTAS GALEGOS ACUDEN O TORNEO INTERNACIONAL «JÓVENES PROMESAS»

12 deportistas Galegos, acuden o torneo internacional de Loitas Olímpicas «Jóvenes Promesas», que terá lugar do 29 de Abril o 1 de Maio en San Javier (Murcia).

Os deportistas convocados pola Federación Española, para participar en esta competición internacional son:

– Cristina Alves (Club Ciudad de Vigo), Lydia Pérez e Carmen Salgado (ambas do Club de Loita Pontevedra) e Nerea Pampín e Judit Varela (Ambas do Club Keltoi de Vila de Cruces).

– Roberto Díaz, Yago López e Carlos Yobanni (Todos do Club de Loitas Olímpicas de Vilalba), Jesús Gonsálves (Club Keltoi de Vila de Cruces), e Rafael Álvarez (Club San Ignacio de Vigo).

– Pola súa banda a Federación Galega de Loita convocou os deportistas Omar Rodríguez e Diego Otero (Ambos do Club de Loita Sabarís), como becados no programa de tecnificación do CGTD de Pontevedra, para participar no torneo internacional, sufragando todos os gastos da súa participación.

O fronte da expedición Galega irá Alexander Kachelaev, técnico da sección de Loitas Olímpicas do CGTD de Pontevedra e Seleccionador Galego, que afirma que «sabemos da importancia de esta competición e da posterior concentración internacional do 1 ó 6 de Maio, xa que o traballo dos nosos deportistas será valorado polos seleccionadores nacionais para confeccionar o equipo nacional que sairá os campionatos dos mundo e de Europa». Dende a Dirección Técnica da Federación Galega, Pablo Pintos afirma que «é importante que os deportistas teñan cerca o técnico co que adestran todo o ano, para asegurar o seu mellor rendemento».

IMG_0519
Anterior

PREMIO INTERNACIONAL DE INVESTIGACIÓN

Póster
Seguinte

CAMPIONATO DE ESPAÑA UNIVERSITARIO DE LOITAS OLÍMPICAS

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>