ClubsDeporteDeporte BaseEducación FíscaEscolarFederacionFegaloitaFormaciónLoita FemininoLoita GrecorromanaLoita Libre Olímpica

100 ALUMNOS DO DEZA PARTICIPARON NA PRIMEIRA XORNADA DO XOGALOITA

O proxecto piloto do XOGALOITA, xa ten réplica en tres centros comarcais de referencia de Galicia: 1000 alumnos e alumnas de Vigo, Redondela e Vila de Cruces, están levando a cabo esta actividade pioneira en Galicia, dirixida os alumnos e alumnas de 4º curso de primaria.

Hoxe mércores, 3 centros educativos da zona do Deza con preto de 100 alumnos e alumnas participaron no XOGALOITA no pavillón municipal de Vila de Cruces.
O alumnado dos centros educativos: CPI de Rodeiro, CEIP VICENTE ARIAS de la MAZA de Vilatuxe e CEIP MANUEL RIVERO de Lalín, estiveron acompañados dos seus mestres de educación física, e gozaron dunha xornada de introdución o deporte da Loita Olímpica a través dunha competición adaptada lúdica, para os mais pequenos. A competición desenrolouse mediante 6 xogos de colaboración-oposición, que poden ser por equipos ou individuais. O formato lúdico, permite que sexan xogos divertidos e con pouco compoñente agonístico.
A Xornada de XOGALOITA foi deseñada pola Federación Galega de Loita e o Servizo de Deportes de Pontevedra da Secretaria Xeral para o Deporte, e neste encontro participou de xeito moi activo o Club Keltoi de Vila de Cruces, un referente na comarca, co propósito de achegar este deporte o alumnado de 4º curso de educación Primaria de toda Galicia. A boa acollida e a gran demanda xerada polos propios centros educativos fai que teñamos que ampliar o número de cursos para o vindeiro ano 2017.

Foto clasificación Río 2016
Anterior

NICOLÁS CASTRO VOLVE DE TURQUÍA COA CLASIFICACIÓN PARA RIO 2016

MEJORADO 6
Seguinte

1ª COPA DE ESPAÑA DE GRAPPLING DEPORTE BASE

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>